Friday 03 de May de 2024

Grande arranque de tempada para o Boudsport


 

O club ordense regresou de Moaña cunha ducia de medallas das 14 posibles

Gran arranque de tempada para o Club de Taekwondo Boudsport. A localidade de Moaña acolleu esta fin de semana a primeira das competicións, onde o grupo ordense disputou os primeiros puntos do ranking galego acadando unha ducia de medallas das 14 posibles. Os ouros foron para Pablo Liñares Bustabad e Mateo Boudjenane Liñares. As pratas foron parar ás mans de Sara Gacio Cendal, Álex Rey Franqueira e Pablo Figueira Marzoa. As medallas de bronce obtivéronas Sara Soneira Balado, Carla Diéguez Veiras, Manuel Castro Rodríguez, Uxía Castro Rodríguez, Christian Loureiro López, Abril Viqueira Pose e Olaya Blanco Sánchez.